GARMA

A combinación da experiencia coa mocidade, a unión do tradicional coas novas composicións, o equilibrio entre a canción e a música instrumental: deste xeito poderiamos definir a música de Garma. O grupo nace en Cantabria en 2006 da unión de seis músicos procedentes doutras formacións. O seu son está construído arredor da instrumentación tradicional cántabra: voz, acordeón cromático, frautas, gaita, alboguel, pitu... Sen esquecer instrumentos doutras tradicións ou instrumentos actuais, que realzan e harmonizan perfectamente os seus temas: guitarra acústica, frauta traveseira, whistles , teclado, baixo pedal, percusións étnicas, etc. O sexteto atópase agora promovendo o seu terceiro disco, Cambalúa (o primeiro con esta nova formación). Dos temas elixidos, algúns son xa da nova colleita e amosan unha nova cara de Garma: enerxía, “cana” e alegría. O universo de cada músico reúnese nunha mestura dinámica que fala do entendemento que existe entre os seus compoñentes. Para este proxecto contan coa colaboración dos estudos Vumeter e coa produción de Several Records, así como coa colaboración de varios amigos.

 

 

Aviso legal | Créditos | Contacto

O Festival Intercéltico do Morrazo chega este verán á súa XXVIª edición. Comeza a súa andaina no ano 1985 como altofalante de proxectos folk de carácter local, que anos despois darían os seus froitos en forma de figuras de tala internacional coma Xosé Manuel Budiño. Foron tres as diferentes localizacións nas que se ten celebrado, e miles de persoas, chegadas de todo o mundo, as que teñen gozado da música de primeira calidade que nel se ten ofrecido.

Polo Festival Intercéltico do Morrazo teñen pasado grupos tales como The Chieftains, Shooglenifty, Gwendal, Alan Stivel, Liam O’Flynn, La Ciapa Rusa, Gaiteiros de Lisboa, Kepa Junkera, Amancio Prada, Brath, Matto-Congrio, Miladoiro, Berrogüetto, Luar na Lubre, Xosé Manuel Budiño, Na Lúa, Leilía, Emilio Cao, Mercedes Peón, Cristina Pato ou Susana Seivane, entre moitos outros.

 

produce: