ANXO LORENZO

O gaiteiro Anxo Lorenzo, sobranceiro expoñente do folk galego dos nosos días, é un artista que posúe todas as cualidades para chegar ao celme da propia música para facela súa, moldeala ao seu xeito e construir novas formas. Así nolo amosa no seu novo disco, Tirán, inspirado nun longo percorrido musical que o levou a coñecer milleiros de lugares e melodías para compartir con músicos de diferentes nacións. Na súa ampla experiencia como gaiteiro ten colaborado en numerosos proxectos musicais fusionando os sons tradicionais da gaita cunha gran variedade de estilos, da música electrónica ao jazz, pasando polo pop, rock ou flamenco. Deste xeito, convertiu a gaita nun instrumento sin fronteiras que semella non ter límites ante a súa mestría. Agora, Anxo preséntase con unha banda formada por experimentados músicos de recoñecida traxectoria na música tradicional e folk. Deste xeito, acompáñano Xose Liz ao bouzouki, Álvaro Iglesias ao contrabaixo, Luis Peixoto ao cavaquiño, mandolina e percusións, e o recentemente incorporado violinista irlandés Eoghan Neff.

 

Aviso legal | Créditos | Contacto

O Festival Intercéltico do Morrazo chega este verán á súa XXVIª edición. Comeza a súa andaina no ano 1985 como altofalante de proxectos folk de carácter local, que anos despois darían os seus froitos en forma de figuras de tala internacional coma Xosé Manuel Budiño. Foron tres as diferentes localizacións nas que se ten celebrado, e miles de persoas, chegadas de todo o mundo, as que teñen gozado da música de primeira calidade que nel se ten ofrecido.

Polo Festival Intercéltico do Morrazo teñen pasado grupos tales como The Chieftains, Shooglenifty, Gwendal, Alan Stivel, Liam O’Flynn, La Ciapa Rusa, Gaiteiros de Lisboa, Kepa Junkera, Amancio Prada, Brath, Matto-Congrio, Miladoiro, Berrogüetto, Luar na Lubre, Xosé Manuel Budiño, Na Lúa, Leilía, Emilio Cao, Mercedes Peón, Cristina Pato ou Susana Seivane, entre moitos outros.

 

produce: